evento | Población
23.10.2023-07.01.2024

La inauguración, de Joel Blanco

Imagen de 81051

A inauguración é unha metáfora performativa do estancamento: a música nunca cesa, os petiscos póñense resesos e o tempo paralízase. O escenario é sempre familiar: as persoas visitantes chegan, perciben unha festa xa en marcha e senten que chegaron tarde, pero a realidade é que A inauguración nunca remata de inaugurarse.

Esta acción, que é en si unha peza artística, escenifícase como unha celebración onde quen asiste é parte integral dela. Os restos do acto social, a disposición dos obxectos e a memoria colectiva dotan ao espazo de vida. A modo de experiencia inmersiva, o público mergúllase nunha velada en aparente abandono onde as pezas de Los Bravú, Lúa Gándara, Francisco Ramallo, Miguel Scheroff e Francesc Rosselló evidencian a idea de temporalidade suspendida.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357