evento | Población
15.12.2023-17.12.2023

12ª Edición Mercado da Estrela

Imagen de 80063

O Mercado da Estrela é un festival de Nadal onde as persoas creadoras de Galicia nos mostran o froito do seu talento nas vésperas das festas para que desfrutemos  das súas mimadas creacións, pezas, produtos, elaboracións e composicións, ou as convirtamos en orixinais e innovadores agasallos adquiridos baixo o selo de #talentogalego no centro neurálxico de Compostela para os abrazos, os reencontros e os brindes previos a Noiteboa!

Case un centenar de marcas de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, produtos enogastronómicos, últimas tendencias e moito máis, nunha feira creativa contemporánea que completa a súa proposta con foodtrucks, postos de restauración e un atractivísimo programa de concertos, sesións picadiscos e obradoiros deseñado para gozar da creatividade e do tempo compartido.

Un festival de balde que reparte os seus contidos entre diferentes espazos de destacado valor histórico e patrimonial de Santiago de Compostela para redescubrilos a través dun percorrido que permite coñecer a impresionante riqueza arquitectónica e cultural desta cidade Patrimonio da Humanidade, mentres se desfruta do animado ambiente que caracteriza o festival e se descubre a riqueza creativa dos novos talentos de Galicia.

Feira Creativa de Agasallos de Nadal: Edificio Obra Social Abanca na praza de Cervantes e Mosteiro de San Martiño Pinario (claustro procesional e hospedaría)

Venres 15: 17h. a 21h.Sábado 16 e domingo 17 de decembro: 11h a 21h

Zonas gastronómicas e musicais:

Pista cuberta do CX Don Bosco na rúa Belvís con Bingo Estreleiro, Karaoke Navideño e os con-certos de Ataque Escampe, Catuxa Salom, Familia Caamagno, Grande Amore, Lontreira, María Grep e Mondra o venres 15, sábado 16 e domingo 17 de decembro a partir das 18h 

Zona Foodtruck na praza 8 de marzocon oferta gastronómica, DJs e Bola de neve xigante

Venres 15: 14h. a 00h

Sábado 16: 12h a 00h

Domingo 17: 12h a 22h aprox.

 

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357