evento | Población
19.04.2024-19.04.2024 20:30:00

1888. Señorita Xulia

Imagen de 81226

Adaptación do clásico de August Strindberg de 1888. A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados.  Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes... O texto de Strindberg sorprende –e atemoriza– por actual e contundente. É posible a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?

  • Dirección: Xoán C. Mejuto e Iria Ares
  • Elenco: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares
  • Deseño de iluminación: Antón Arias
  • Deseño sonoro: Alberto Beade
  • Caracterización: Mara Collazo Vestiario: Estudo Momento
  • Deseño de escenografía: Xoán C. Mejuto
  • Produción: Estudo Momento
  • Co-Produción e residencia técnica: Concello de Arteixo


Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357