evento | Población
28.06.2023-12.11.2023

1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega

Imagen de 80474

A partir da numerosa documentación achegada por artistas e coleccionistas de toda Galicia, constrúese unha persoal xeanoloxía de arte urbana desde unha revisión feminista do movemento, na procura de deconstruir a tan extendida idea da suposta ausencia de mulleres que pintan na rúa. Unha historia da arte paralela á institucional que reúne o traballo de diferentes xeracións de creadoras combatindo os estereotipos de xénero con feitos históricos como o que demostran que o primeiro graffiti realizado en Galicia foi obra dunha muller Seor, en 1984.

Desde entón, a evolución de estilos, formatos e disciplinas non deixou de medrar, e moitas destas artistas conseguiron converter en profesión a súa experimentación dentro dun movemento marxinal no sistema da arte -ilegal en moitas ocasións– onde as posibilidades se mesturan coas trabas e coas dificultades que supón ser muller creadora no espazo público.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357