evento | Población
22.01.2024-29.02.2024

25 anos sen Torrente Ballester

Imagen de 81293

O 27 de xaneiro fai 25 anos que nos deixou Gonzalo Torrente Ballester.

Natural de Serantes, no concello de Ferrol, foi escritor, guionista, xornalista, dramaturgo, crítico literario e tradutor. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.

Gonzalo tivo moita relación con Santiago, cidade na que viviu, estudou e traballou, sendo recoñecido como Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Para conmemorar este aniversario a Biblioteca Ánxel Casal organiza unha mostra coas obras do autor que teñen na súa colección.

Pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357