Achega saúde
Para conmemorar o 25 aniversario de voluntariado sanitario da Fundación Vicente Ferrer (FVF) na India rural, a FVF organizou a exposición 'Achega saúde', unha mostra fotográfica que percorrerá preto de 50 centros sanitarios e educativos de toda España. A exposición, na que se dan a coñecer o traballo e testemuños do persoal sanitario voluntario, ten como obxectivo recoñecer e visibilizar o seu labor durante estes 25 anos e sumar máis persoas ao proxecto de sanidade da ONG. Ao redor da exposición tamén se realizarán actividades paralelas como visitas guiadas e charlas de sensibilización sobre o voluntariado e a súa importancia para mellorar este mundo.