evento | Población
24.09.2023-24.09.2023 19:30:00

Alexander Abreu & Havana D’Primera

Imagen de 80856

Coma peche do festival maré, que volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro, Alexander Abreu y Havana D’Primera despedirán esta edición na Sala Capitol tras publicar o seu último disco «Será Que Se Acabó», nominado aos Grammys Latinos 2022, unha homenaxe á música popular cubana dos anos 80 e 90.

Havana D´Primera é unha banda de timba cubana fundada por Alexander Abreu no ano 2007. Foi formada por un colectivo de músicos de primeira liña do panorama musical cubano, con 16 membros en total. Dende os seus inicios foron a buscar o éxito internacional. O líder e compositor xefe Abreu, destacou pola súa «voz melódica altamente sofisticada» e como «instrumentista hábil que fixo unha carreira fusionando ritmos entre salsa, jazz, funk e afrocubano».

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357