Andaina “O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar”
Para esta primavera que agroma, e en coincidencia coas grandes festas da Uña do barrio de San Lázaro, propoñemos unha andaina pola senda fluvial que atravesa de parte a parte este histórico barrio, seguindo o río Sar augas arriba, ata o seu nacemento, no berce do Sar.
O paseo permite coñecer o pasado e presente de Compostela, pasando a carón de antigos curtidoiros, vellos muíños e fontes que amosan os diferentes usos do río na antigüidade, e tamén construcións máis modernas para facilitar o desenvolvemento urbano, coma pontes e túneles.
Con pouca ou ningunha dificultade, a andaina está dirixida a todos os públicos, inluíndo familias con peques. Remata no antigo curtidoiro de Amio, xusto onde se está a habilitar unha nova zona verde pública, o Parque do Berce do Sar, e nas inmediacións hai unha parada de bus que conecta co centro e outros barrios da cidade.
Andaina guiada “O Berce do Sar: percorrendo o barrio de San Lázaro pola beira do río Sar” ESPECIAL FESTA DA UÑA 2024
Data: domingo 17 marzo
Horario: 10 a 12.30h
Distancia: 4,2 km
Inicio: Ponte das Fontes do Sar (a carón das piscinas)
Fin: Curtidoiro de Amio (Rúa do País Vasco)
Dificultade: Baixa
De balde. Prazas limitadas.
Inscricións:Asoc. Veciñal Monte do Gozo
Rúa da Muíña, 63
info@avmontedogozo.es
T: 981 56 03 18
[Organizado pola veciñanza de San Lázaro, a través da Asociación Veciñal Monte do Gozo e da Asociación Gastronómica e Cultural Ordeda Uña, en colaboración con Turismo de Santiago - Concello de Santiago]