evento | Población
08.08.2023-09.09.2023 11:30:00

Andainas con arte

Imagen de 80853

Co obxectivo de aunar cultura e natureza, a arte traspasa os lindeiros físicos do Museo Centro Gaiás e sae ás zonas verdes para descubrir as intervencións artísticas que acollen o Xardín literario e o Bosque de Galicia. Nesta pequena andaina guiada dunha hora de duración poderás descubrir obras como Deixa aquí os medos de Alicia Framis, Zapatos no camiño, de Francisco Leiro ou Metáforas. Pegadas dun percorrido, de Alexandra R. Rey e Thomas Apostolou.

As obras da cuarta edición do ciclo Reb/veladas na paisaxe, que aguilloan a curiosidade e convidan á reflexión a través do xogo de escalas (División simple de una roca de granito, de Alberto Odériz), a reformulación de mitos e imaxinarios (O caso de Palmira, de Rebeca Lar) e a confrontación da ollada do público sobre si mesmo (Facendo zapping, de Diego Vidal), así como a intervención Fitotario, de Macarena Montesinos Fandiño nas Torres Hejduk completan este percorrido por espazos expositivos non convencionais, artistas emerxentes e intervencións paisaxísticas. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357