anuncio | RELACIÓNS VECIÑAIS
13.12.2023

Concurso de decoración de Nadal veciñal do Concello de Santiago de Compostela 2023

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión celebra o 4 de decembro de 2023, aprobou as bases e convocatoria do Concurso de decoración de Nadal veciñal do Concello de Santiago de Compostela 20023.

Os interesados en participar no concurso de decoración poderán inscribirse dende o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ata o día 19 de decembro de 2023 inclusive, utilizando o modelo normalizado, CS006CV cuberto en todos os seu campos e asinado, xunto co DNI de quen solicita e o DNI da persoa representante, se procede.

Documentos relacionados

BOP do 12/12/2023
Descargar
Bases da convocatoria
Descargar
Impreso de solicitude
Descargar

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357