anuncio
|
Deportes
13.12.2023
Sorteo prazas Campaña de Neve 2024 Deputación da Coruña
O Concello de Santiago dispón de 23 prazas para participar na Campaña de Neve que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 9 ao 12 de febreiro de 2024.
Rematado o prazo de preinscrición, e habendo máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo público o mércores 13 de decembro, ás 14 horas nas dependencias do Concello no Pazo de Raxoi.
O resultado do sorteo publicarase nesta web.