evento | Población
09.02.2024-09.02.2024 19:30:00

Aquí nunca pasa nada

Imagen de 81464

"Aquí nunca pasa nada" é un proxecto da compañía Teatro Sin Papeles, dirixida por Moisés Mato e interpretado por Luisa Anaya e Olga Compte. Inspirada na Operación Carioca, a maior operación contra a trata destapada en España con 90 persoas implicadas e 400 mulleres vítimas da rede, a obra foi concibida como un proxecto de investigación que quere mostrar as feblezas do sistema á hora de protexer ás vítimas de explotación sexual.

O guión céntrase na relación entre unha das mulleres que chega a Galicia desde Brasil e acaba sendo prostituída, e a xuíza encargada da investigación. As actrices, Luisa Anaya e Olga Compte, prepararon os seus papeis investigando sobre o caso, e tamén entrevistándose coas vítimas de trata.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357