evento | Población
26.12.2023-31.12.2023 11:30:00

A arte tras os edificios do Gaiás

Imagen de 81191

Este Nadal a Cidade da Cultura convídavos a un programa especial de visitas comentadas para entender as orixes artísticas e estéticas que están detrás do deseño dos edificios do Gaiás. 

Neste novidoso percorrido, cheo de referencias á creación plástica do século XX, descifraremos a influencia das vangardas creativas nas formas saídas do maxín de Peter Eisenman e, a través de exemplos da historia da arte e do deseño arquitectónico, redescubriremos as orixes de moitas das características plásticas do Gaiás.

+INFO

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357