evento | Población
05.12.2023-26.05.2024

Artes Escénicas 2024

Imagen de 81275

Compostela Cultura presenta o seu programa de Artes Escénicas para o primeiro semestre de 2024.

Son un total de 33 propostas de teatro, danza e circo, cunha programación especial En Familia dentro da cal temos o #PorVezPrimeira, espectáculos dirixidos a bebés.

As funcións serán 42 e poderemos velas no Auditorio de Galicia, Teatro Principal e na Igrexa da Universidade.

As entradas poden adquirirse a partir do martes 5 de decembro, ás 11.00 h tanto na páxina web compostelacultura.gal como na Zona C· Punto de Información Cultural no seu horario habitual: de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h.

Ademais, poderán mercarse os días de espectáculo na sala na que se desenvolvan, dende unha hora antes do inicio do evento.

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357