Bajo el mismo sol
Con motivo do seu sétimo aniversario, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en colaboración co Concello de Santiago a través da UAMI, traen este domingo a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol' que trata sobre a loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas.
A peza, interpretada polos grupos Teatro sin papeles e Teatro del abrazo, contará coa actuación dos actores David Bingong e Moisés Mato. As entradas serán de balde e poderán sacarse desde dúas horas antes do comenzo da obra, ás 18.30 H, na billeteira do Teatro Principal.