evento | Población
28.12.2023-28.12.2023 20:30:00

A banda da Loba

Imagen de 81092

Este espectáculo baséase no universo vital das lavandeiras e detense nos lavadoiros como espazo de reflexión e insubmisión, como lugar onde tecer esa rede de coidados e afectos coa que enfrontar o día a día, onde poder expresar as preocupacións e os desexos máis prohibidos, rebelándose contra un sistema que 'sabéndonos imprescindibles, nos nega dende a raíz'.

A banda da Loba vén de percorrer, ao longo dos últimos sete anos, todos os recunchos da xeografía galega e algunhas cidades do estado español, acadando unha recepción máis que positiva das súas músicas, nas que as mensaxes máis comprometidas se visten de ritmos diversos estilisticamente e melodías pegañentas, para cantar e bailar, sen deixar a ninguén indiferente.

Promete ser unha noite máxica, na que as lobas, rodeadas de amizades, poñerán un punto e seguido na súa andaina musical para somerxerse, no vindeiro 2024, no proceso creativo do seu seguinte traballo discográfico.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357