Bosque animado (con Ángeles)
«Temos que expoñer algún día xuntos», decíalle a Ángeles. Ela respondía cun xesto: «Estás chiflado, concéntrate en lo tuyo». Este paseo pola Fraga de Cecebre (A Coruña), onde Wenceslao Fernández Flórez inspirouse para o seu libro El Bosque Animado, quere ser un recordo e homenaxe a aqueles momentos nos que as luces e os soños rodeannos e susurran coma as árboles da novela. Ángeles Sales pintou unja serie na que abrazaba as árbores con papeis. Frotábaos coas súas mans para que neles quedase a pegada das súas cortezas e despois os coloreaba con acuarelas. Titulouna Bosque, o noso bosque animado. Firmaba M.S.
Vari Caramés.