evento | Población
31.03.2024-31.03.2024 20:00:00

Breaking notes. Música inglesa do século XVII

Imagen de 81411

Dúas mulleres, a compostelá Marta López e a austríaca Maria Danneberg, xúntanse para facer música inglesa do século XVII nun dos órganos emblemáticos da nosa cidade, o órgano da  igrexa da Compañía. O programa convida o público a mergullarse no mundo das divisions, grounds e danzas inglesas, combinando o colorido son da viola de gamba coas ricas posibilidades sonoras do órgano para recrear un repertorio extraído de dúas coleccións, o Fitzwilliam Virginal Book e o Manchester Gamba Book.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357