Buscas Pareja? Speed Dating

Novos tempos para o amor
Buscas Parella? (Speed Dating) é unha comedia fresca e divertida que combina o stand up comedy coas escenas de parella, que fai unha análise en clave de humor das novas maneiras de coñecerse a través das redes sociais como Tinder ou outras apps de citas e que acaba cun maratón de citas rápidas.
Sara volve estar sen parella e a Carlos deixouno a súa moza de toda a vida. Así que inician unha viaxe a través das apps de citas, porque nun mundo perfecto ten que existir a túa parella ideal. Pero, despois de coñecer a toda unha fauna de personaxes rarísimos, descobren que nin o mundo é perfecto nin as relacións de parella son ideais.