Carpa Roxa
A música estará moi presente na Carpa Roxa con dúas iniciativas novidosas: "Son Xove", que estará protagonizada polas bandas que utilizan os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga os venres á tarde e "Son Vermú", os sábados a mediodía. Entre os grupos que subirán ao escenario da Praza Roxa cabe salientar a Espiño, Sheila Patricia, La Yuca Funk, Helena Egea, e Pauliña.
Ademais das actuacións musicais, a Carpa Roxa acollerá outras actividades ao longo de todo o mes, desde baile tradicional a cantos de Nadal, pasando por obradoiros infantís ou unha sesión de contacontos en inglés.
De maneira complementaria, na praza vanse ubicar pequenas atraccións para nenos e nenas, como unha mininoria a pedais, un pequeno tren, ou unha mininoria luminosa. As atraccións serán de balde, e iranse instalado de maneira progresiva desde o 6 de decembro ata o 7 de xaneiro. Os horarios de funcionamento serán de mañá e tarde do 6 ao 10 de decembro e do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, salvo os días 24 e 31 de decembro nos que funcionarán só pola mañá, e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro nos que permanecerán pechados. Fora do período das vacacións de Nadal e da Ponte da Constitución, funcionarán só de tarde de luns a venres, e todo o día nos sábados e domingos.