evento
|
Población
26.11.2023-26.11.2023
18:30:00
Charlie Pee
A cómica catalá Charlie Pee, coñecida por ser guionista e colaboradora de La Resistencia e de El Carolate e unha das presentadoras do programa L’última hora do Matí de Catalunya Ràdio; despois de dez anos facendo Stand Up nos que destacan os seus monólogos en Comedy Central, Las que faltaban (Movistar+), Phi Beta Lambda, Cruïlla Comedy ou TV3, preséntanos o seu primeiro espectáculo en solitario. Unha hora chea de risas na que nos conta as súas miserias máis absolutas que lle pasaron ao longo da súa vida.