CINEDUCA-II Mostra Internacional de Cine e Educación
A II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) construíuse arredor do eixo temático de «Outras realidades educativas», co obxectivo de mostrar experiencias educativas moi diferentes das que estamos acostumados a vivir na nosa contorna. Poderemos comprobar que os camiños son distintos pero a educación é sempre o crisol social onde se constrúe o desenvolvemento colectivo e o benestar persoal.
Esta mostra complétase cun conxunto de pezas audiovisuais realizadas nos centros de ensino, procurando así impulsar a creatividade, fomentar a expresión a través dos novos medios e dar a coñecer o traballo levado a cabo neste eido por ensinantes e alumnado.
Programa
Martes, 7 de marzo:
19h. Proxección da película «Nin un menos» de Zhang Yimou. Comenta: Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Mércores, 8 de marzo,
19h. Proxección da película «El chamoume Malala» de Davis Guggenheim. Comenta: Juana María Otero, Psicóloga. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Luns, 13 de marzo
19.30h. Conferencia «A experiencia portuguesa en cinema e educación», impartida por Daniel Maciel, Coordinador da Conferência Internacional de Cinema de Viana do Castelo. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Martes, 14 de marzo
19h. Proxección da película «Onde está a casa do meu amigo?» de Abbas Kiarostami. Comenta: Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Mércores, 15 de marzo
19h. Proxección da película «Un para todos» de David Ilundain. Comenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Luns, 20 de marzo
19.30h. Mesa redonda «Outras realidades educativas», coordinada por Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da USC. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Martes, 21 de marzo
19h.Proxección da película «Un pequeno mundo» de Laura Wandel. Comenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Mércores, 22 de marzo
19h. Proxección da película «Machuca» de Andrés Wood. Comenta: Antón Porteiro, ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Lugar: Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19).
Martes, 28 de marzo
19h. Clausura da Mostra coa proxección das curtametraxes seleccionadas entre os traballos presentados ao II Premio Ateneo Cineduca e entrega de premios. Lugar: Teatro Principal de Santiago.