evento | Población
23.02.2024-24.02.2024

Clásicas desfeitas vol. 10 y 11 | «Míticas pero secundarias»

Imagen de 81428

«A infeliz felicidade e o prezo do aceite» de Antón Reixa

Antón Reixa, autor, director e intérprete da primeira parte do espectáculo, amosaranos como foco principal da súa creación o complexo do heroe Polícrates — medo ao éxito?, sentimento de fracaso ao acadalo? Este non tan comunmente coñecido complexo ten moito do galego, e como maior expoñente do mesmo podería estar Rosalía de Castro, e a súa obra.

Dende este punto de partida e enriquecendo a súa pescuda con valiosas colaboracións presentes a través de audiovisuais, Reixa lévanos a coñecer os obxectivos e devires, por veces sorprendentes, da súa personaxe.

«Tres somos ti» de Antela Cid

Antela Cid estréase como creadora total nesta peza que forma a segunda parte do díptico Míticas pero secundarias. Será a propia actriz a creadora da dramaturxia, a autora dos textos, da proposta escénica e da súa dirección interpretativa, que levará a escena.

Tres mitos gregos femininos: Ismene, Crisótemis e Políxena son a base dunha proposta actual onde teñen cabida textos teatrais e poéticos de Antela Cid e temas musicais contemporáneos. Tres historias invisibles de mulleres invisibles, que ben podían ser unha de nós, na antigua Grecia ou en calquera parte do mundo. Un berro individual e colectivo coa intención de camiñar cara a un mundo mellor onde a desigualdade non teña cabida.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357