evento | Población
02.02.2024-03.02.2024 18:00:00

Clásicas desfeitas vol. 9 | «Hamlet, o de Cunqueiro»

Imagen de 81427

Hamlet, o de Cunqueiro, é o título dunha proposta multidisciplinar que mestura dúas disciplinas aparentemente inconexas entre si: o teatro e os videoxogos. Tamén fai mestizaxe da cultura galega e a brasileira usando como vehículo un extracto de O incerto señor don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro, que se hibrida co relato «A cartomante», de Machado de Assis —unha das figuras máis relevantes da literatura brasileira—, mais unha aparición invitada collida directamente da obra orixinal de Shakespeare.

Unha proposta sempre variante, onde cada representación revivirá unha resposta distinta a tres incógnitas sobre o amor, a morte e a familia, que atormentan a un Hamlet dubidoso. O público participará directamente na obra, onde a música e o xogo teñen un papel relevante nas mesmas entrañas da Cidade da Cultura.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357