evento | Población
09.02.2024-09.02.2024 21:00:00

Códice K

Imagen de 81248

En xullo de 2011 desaparece o Códice Calixtino. En xullo de 2012, xusto un ano despois, a policía recupera o libro, agochado nun garaxe.

Que pasou en todo ese tempo? Investigacións, sospeitas, seguimentos, interrogatorios...

Iso é ‘Códice K’: o que non se sabe porque nunca se contou. ‘Códice K’, o máis grande “true crime“ da historia de Galicia.

Interpretado por Lucia Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos, Patricia Castrillón e coa música en directo de Russ, ‘Códice K’ conta a través das personaxes femininas que formaron parte deste estrafalario episodio da nosa historia recente.

Escrito por Manuel Cortés e dirixido por Tito Asorey, o espectáculo adopta o estilo do documental sobre crimes, resaltando o cómico que ten non só a historia, senón como foi contada.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357