evento | Población
12.06.2023-02.07.2023

Compostela Diversa 2023

Imagen de 79645

Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións para facer de Santiago un referente como cidade de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo.

Un centenar de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade sumanse cada año á iniciativa de Compostela Diversa. Os comercios, bares, restaurantes e aloxamentos celebran a diversidade con mandís, carteis, postais, pousavasos, manteis invididuais e banderíns LGTBI.

 

Ademais, para  visibilizar os valores de Compostela Diversa, farase a iluminación/decoración de espazos públicos destacados e de alta concorrencia para os visitantes, tales como a propia oficina central de Turismo de Santiago, diversos puntos do parque da Alameda -Palco da Música, escultura das Marías -iconas elas mesmas da diversidade-, acceso desde a Porta Faxeira e “Eucalipto dos Namorados”.

Finalmente, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un Arco da Vella de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días podan tomarse unha fotografía cos cores da diversidade coa vista do Casco Histórico e da Catedral no fondo. A iluminción estará visible do 12 de xuño ata o 2 de xullo, a partir da noitiña e ata a madrugada.

 

Esta iniciativa está impulsada polo Concello de Santiago, a través da Concellería de Igualdade e coa colaboración especial de Turismo de Santiago e o servizo municipal de Comercio, e conta co apoio da Deputación da Coruña.

 

PROGRAMA COMPLETO 

 

Compostela Diversa - Na rúa INFO AQUÍ

Compostela Diversa – Nos establecementos: comercios, bares&restaurantes, aloxamentos INFO AQUÍ

Compostela Diversa - Faladoiros  24 e 26 xuño, CSC Maruxa e Coralia e outros lugares. INFO AQUÍ

Compostela Diversa - Festival  24 xuño / Praza de Mazarelos INFO AQUÍ

Compostela Diversa - Manifesto  28 xuño / Praza do Obradoiro INFO AQUÍ

Compostela Diversa - Orgullo Trans de Arelas 8 xullo / varios lugares. INFO AQUÍ

Mércores 23 de xuño

18.30-19.30 h. CASA XOHANA TORRES

”Educar(se) na diversidade” Asociación Nós Mesmas

 

Sábado 26 de xuño

11.30-14.00 h. C.G.A.C.

Proxección do documental “Persoas S.A.” Carmen PG Granxeiro

Mesa redonda coa participación de: Laura Bugalho | Daniela Fernández |

Enrique Latorre | Cristina Palacios | Carmen PG Granxeiro | Brais Papiri

 

18.00-20.30 h. PARQUE DE BONAVAL

Programa lúdico, artístico e poético

Paraíso Canto | A Rabela | Aldaolado

 

Domingo 27 de xuño

11.00-12.30 h. TEATRO PRINCIPAL

“Historia e memoria da disidencia sexual en Galicia (1880-1980)”

Daniela Fernández

 

13.00 h. PALCO DA MÚSICA – ALAMEDA

Lectura do Manifesto

 

20.00-21.30 h. TEATRO PRINCIPAL

Presentación a cargo de As fillas Bravas

Fransy, Davide e Cibrán

 

Do 24 de xuño ao 11 de xullo

Campaña de dinamización e visibilización

Comercios, aloxamentos, bares e restaurantes

 

Do 24 de xuño ao 11 de xullo

Iluminación e decoración de espazos públicos: Pazo de Raxoi, Teatro Principal e Alameda

Fai unha foto coa iluminación ou coa imaxe da campaña, compártea nas túas redes co cancelo #composteladiversa e participa nun sorteo.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357