evento | Población
12.06.2023-02.07.2023

Compostela Diversa - Na rúa

Imagen de 80632

Santiago é historicamente unha cidade de acollida para todos e todas, máis alá da procedencia, das crenzas relixiosas ou da orientación sexual. Santiago de Compostela é unha Cidade Patrimonio da Humanidade, é dicir, é un patrimonio colectivo que calquera persoa ten o dereito a desfrutar sendo tratada dun xeito tranquilo, seguro e amable.

Para visibilizar los valores de Compostela Diversa, engalánanse con luz e cor espazos públicos destacados, tales como a oficina central de Turismo de Santiago, diversos puntos do parque da Alameda -Palco da Música, escultura das Marías -iconos elas mesmas da diversidade-, acceso desde Porta Faxeira e “Eucalipto dos Namorados”.
Ademais, no Paseo dos Leóns da Alameda instalase un arco da vella de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días poidan tomarse unha fotografía coas cores da diversidade coa vista do Casco Histórico e da Catedral de fondo. 


Tamén se viste de cores LGTBI a rúa das Ameas, na que está o Mercado de Abastos, o segundo lugar máis visitado despois da Catedral. Esta iluminación e decoración especiais estarán visible de 12 de xuño a 2 de xullo.

Esta acción de Compostela Diversa, programa do Concello de Santiago a través da Concellaría de Igualdade, está promovida por Turismo de Santiago co apoio da Deputación de A Coruña e conta coa colaboración especial do Mercado de Abastos.

CONSULTA PROGRAMA COMPLETO AQUÍ

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357