evento
|
Población
01.07.2022-31.07.2023
Compostela Photo - Festival Urbano de Fotografía
Nesta segunda edición de Compostela Photo artistas visuais profesionais, convidados pola organización Santiago Centro Área Comercial, están acompañados por fotógrafos afeccionados, seleccionados no I Certame Compostela Photo, aberto a todos aqueles que quixeran enviar a súa imaxe.
Con este formato, a asociación de comerciantes quere converter este festival nun evento participativo e aberto, que aporte diferentes miradas e que contribúa a enriquecer o feito artístico e cultural.