evento
|
Población
08.02.2019-10.02.2019
Compostela Tango Festival
Cada ano, a asociación Compostela Tango Club organiza o Festival Internacional de Tango en Compostela. Do mesmo xeito que en edicións anteriores conta coa presenza de bailaríns e musicalizadores de renome internacional para impartir seminarios, realizar shows, e seleccionar os mellores tangos para bailar. Ademais dos obradoiros específicos para afeccionados, os bailes (milongas) constitúen un espectáculo único e unha excelente oportunidade para o público xeral de coñecer e achegarse ao tango.