Concerto de Nadal
Escolanía da Catedral de Santiago e Orquestra Sons (Xandre Millet, director)
A Escolanía da Catedral de Santiago, fundada por Mariano Pérez Gutiérrez está integrada por 20 nenos e nenas, sendo dirixida dende a súa refundación en 2008 por José Luís Vázquez. Ademais de actuar regularmente na liturxia catedralicia tamén o coro participou en acontecementos tan relevantes como foi a visita a Santiago do Papa Benedicto XVI en 2010 (conxuntamente coa Real Filharmonía de Galicia) e en numerosos actos organizados por Concello de Santiago, o Consello da Cultura Galega, a Xunta de Galicia, etc.