noticias | Población
12.07.2023

Continúan os horarios de verán para a recollida de lixo na cidade histórica

Desde a semana pasada, as illas de quita e pon para a recollida do lixo están dispoñibles desde as 20:00 horas nos seus respectivos emprazamentos da cidade histórica. A illa de reciclaxe da praza do Toural permanecerá durante o período estival na praza de Fonterrabía.
Imagen de N22613
O pasado 6 de xullo arrancou o horario de verán para a colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio.

Ademais, dada a multitude de eventos previstos durante o verán tamén se trasladou de xeito temporal a illa de reciclaxe da praza do Toural á praza de Fonterrabía.

Así pois, as illas estan a disposición da veciñanza a partires das 20:00 horas nas seguintes localizacións:

1. Praza da Algalia de Abaixo
2. Rúa Salvador Parga
3. Rúa de Santo Agostiño - Ameas
4. Praza de Mazarelos
5. Praza de Cervantes
6. Praza de San Martiño Pinario
7. Praza de Praterías
8. Praza de Fuenterrabía
9. Travesa de Fonseca
10.Rúa Carretas

As illas de reciclaxe de quita e pon son espazos temporais para depositar os residuos procedente das vivendas e os residuos miúdos de oficinas e comercio, e que están en funcionamento en diversos puntos da zona vella cun amplo horario, que vai dende as 20:00 ás 23:30 horas.

Nesta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separadamente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357