evento | Población
08.03.2024-08.03.2024 18:30:00

Conversas con merenda: é posible contar a historia doutro xeito? | Día Internacional da Muller 2024

Imagen de 81555

Con motivo da conmemoración do Día da Muller, a Biblioteca de Galicia organiza xunto co CSIC unha conversa distendida e interactiva entre as persoas asistentes e un investigador, Miguel García Fernández, especializado no estudo da historia das mulleres. O obxectivo é o de debater sobre os silencios que aínda persisten, tanto no ámbito da investigación coma no da divulgación e na ensinanza da historia, respecto do papel e o protagonismo que tiveron as mulleres na historia de Galicia.

Co obxectivo da animar ao debate, a sesión acompañarase dunha merenda con café/chocolate, rompendo así co sistema tradicional de relatorios ou leccións maxistrais. A persoa responsable de guiar a conversa-café ofrecerá algunhas claves coas que animar, por medio de lecturas de fontes históricas e de investigacións xa publicadas, unha revisión do noso pasado que permita coñecer o protagonismo das mulleres en ámbitos que van desde o social e o económico ao cultural e político.

Durante a conversa entregarase ás persoas asistentes un caderno de traballo con información sobre os temas a debater.

  • De balde, previa reserva de praza na web (individual)
  • Público: Adulto
  • Imparte: Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC)
  • Duración: 90 minutos

 

 

     

     

    Pazo de Raxoi

    Praza do Obradoiro

    15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

    Centro de Atención Telefónica

    +34 981 542 300

    Alcaldía

    +34 981 542 357