evento
|
Población
07.08.2023-07.08.2023
20:00:00
Coreografías dun demente
DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 30 minutos de duración, cun elenco artístico de 7 bailadores/as en gran formato. As escenas desenvólvense ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto atópase dentro dun marco escénico e vestiario ideado por Carlos Alonso Alonso xunto cun deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz.