evento | Población
19.01.2024-09.02.2024

Criptografías

Imagen de 81355

CRIPTOGRAFÍAS é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. Desde hai 8 anos os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética. 

Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despoislibrosconversos, que reunía versos de 40 poetas (de Rosalía a Alba Cid) e elaborando no 2018 o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual.Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357