Cuando las Aguas se Juntan
Cuando las Aguas se Juntan (Colombia, 2023) é a historia dun grupo de mulleres que sofre a guerra e que, malia a todo, se atreve a construír a paz. É unha historia escrita en feminino. Un relato que amosa os desafíos e as perdas, pero tamén a resiliencia, a fortaleza e a valentía de mulleres colombianas que xuntaron as súas forzas e se uniron para defender os dereitos das súas comunidades, o seu dereito á pertenza, e, como cando as augas se xuntan, xeraron unha forza imparable que as impulsou a avanzar, imparables xa, para que as cicatrices que tiveron que soportar por máis de medio século no país non fosen en balde.
Trala proxección, afondaremos nas temáticas abordadas na longametraxe cun diálogo no que participarán:
- Julia Cogollo, membro do Comité de Seguemento da Comisión da Verdade en Colombia.
- Jael Moya, responsable do Movimiento por la Paz Colombia.
- Susana Fernández, Delegada de Galicia do Movimiento pola Paz.