Danzade
"Danzade" é un proxecto que pretende ser un espazo de confluencia entre a danza máis tradicional e a puramente contemporánea, facendo fincapé na igualdade de xénero e nos estereotipos que van asociados a estas disciplinas.
Serán diferentes espectáculos de danza. O primeiro correrá a cargo do grupo Armadanzas de Laraño, un grupo de baile tradicional que mostrará coreografías tradicionais con perspectiva de xénero, isto é, nas que as guías de coreografías poderán ser tanto bailadores homes como mulleres. De seguido, o Ballet de Galicia porá en escena un espectáculo de danza contemporánea, representado unicamente por mulleres.
Para o broche final da xornada, a compañía Et Suseia Danza representará o seu espectáculo "O que non se ve", que fusiona baile tradicional e danza contemporánea.