De dagas y lloros
Toda exposición conta unha historia e a De dagas e choros comeza hai pouco máis de dous anos, momento no que Pierre Louis decide plasmar a inquietude que sente pola deterioración do medio ambiente en cada un dos seus novos proxectos. Un cambio de rumbo conceptual que o artista implementa formalmente na súa obra a través da inclusión da fibra de fío. Centos de metros de poliéster reciclado en cada peza cos que consegue dar un enorme salto na súa retórica visual engadindo valor simbólico mediante a cor, a ocupación do espazo ou a relación caligráfica deste co patrón e a luz.