evento
|
Población
02.06.2023-02.06.2023
20:30:00
Deltonos
“Mueve!”, a nova colección de cancións dos Deltonos, tráenos a unha banda perfectamente engraxada, soando marabillosamente contundente e o que é mellor, tremendamente inspirada. Se no seu anterior longo parecían urxentes, agrestes e directos á yugular, nesta ocasión preséntannos un repertorio máis equilibrado e rico en matices Máis maduros? Esquezamos ese odioso termo, pero si que atopamos nestas novas cancións unha simetría evidente entre a furia dos seus temas máis inmediatos e a sutileza das súas composicións máis melódicas.