Doppio Zero
Este espectáculo conta con diferentes disciplinas circenses como a acrobacia de chan, o mastro chino, os malabares, a bicicleta acrobática e o clown. É unha actuación divertida, tenra e surrealista, que nos mostra unha viaxe no tempo que transcorre entre a realización e cocción dunha peza de pan.
Os personaxes son Tuli e Vroni, dous perfís contrapostos: un máis inxenuo, distraído e soñador e outro con pura enerxía, velocidade e movemento. Preparan pan nun día que parece simple, pero en realidade é máxico e sorprendente.Tuli le boca abaixo, suspendido nun mastro, mentres ela, Vroni, monta en bicicleta pedaleando coas mans e conducindo cos pés.
Mentres agardan que se cociñe ese pan, agasállannos cunha viaxe no tempo e a través dos sentimentos, acompañados de cancións dos anos 50 e noticias da radio, respirando as gañas de vivir daqueles anos de reconstrución en Italia.