noticias | Población
29.06.2010

A empresa XADE rematou 2009 cun beneficio de 89.000 euros

Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse no Pazo de Raxoi o Consello de Administración e a Xunta Xeral de XADE, co fin de aprobar as contas anuais do exercicio de 2009.
Imagen de N6272
Estas contas revelan que a empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos, SL, obtivo en 2009 uns ingresos por valor de 3.443.205 euros. No lado contrario, a execución do gasto foi neste exercicio de 3.353.935 euros. Como resultado, o beneficio antes de impostos arroxa unha cifra de 89.270 euros.

No relativo ao número de abonos, produciuse un incremento do 3% en 2009 con respecto ao ano anterior.

Nesta mesma reunión, o socio SIDECU, SL, informou das negociacións que está mantendo coa empresa MONFOBUS, SL, a efectos da venda da súa participación. O mércores 30 solicitará oficialmente a autorización municipal para proceder á operación.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357