evento | Población
04.09.2023-29.09.2023

Entre presenzas e ausencias

Imagen de 80894

Con motivo da celebración do mes do Alzhéimer, coa conmemoración do seu día mundial o vindeiro 21 de setembro, organízase a mostra artística Entre presenzas e ausencias, comisariada pola artista Beatriz S. Saá

A exposición está composta por máis de setenta obras realizadas por enfermos de Alzhéimer en fase moderada-avanzada, e os seus coidadores e excoidadores, no programa de didáctica artística CoidArte, deseñado e implementado pola artista e docente Beatriz S. Saá, fai uns meses. Froito da súa investigación na área da arte e saúde e feitos en colaboración con AGADEA (Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer). Esta mostra faise coa intención de desestigmatizar e dar visibilidade a importante labor que os coidadores realizan a diario en relación á enfermidade de Alzhéimer, na que os doentes, xa en fases avanzadas, dependen por completo destas figuras. 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357