evento | Población
22.01.2024-23.02.2024

Esencial

Imagen de 81375

O obxectivo da mostra é clarificar a complexidade do artista Jesús Díaz Ferrer para amosalo ao público dun xeito que facilite a súa comprensión sen deixar de visualizalo como un gran creador galego contemporáneo. Por unha banda, búscase indagar no “Esencial” da súa obra, o que realmente a constrúe. Por outra, trátase de deixar patente que este é un artista que, por ter transitado durante a súa longa carreira desde as derradeiras vangardas europeas ata a postmodernidade, “Esencial” para comprender os nexos entre a arte galega e a arte europea desde mediados do século XX ata os inicios do XXI.

A exposición consta de debuxos, gravados e bosquexos elaborados en branco e negro, por unha banda, e por outra de deseños de estampados para tecidos. 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357