evento | Población
03.04.2023-03.04.2023 20:00:00

EVA-MARIA RUSCHE Pange lingua. Música litúrxica e sonatas da chiesa

Imagen de 80325

Obras de Corelli, Biber, Cabezón e Frescobaldi, entre outros.

Eva-Maria Rusche é unha das figuras actuais de maior interese no ámbito da música para órgano e para instrumentos de tecla en xeral. Nada en Tubinga, Alemaña, especializouse en música litúrxica, órgano e instrumentos históricos de tecla en Lübeck, Viena e Stuttgart. Na actualidade, desenvolve o seu traballo como artista independente ao tempo que colabora como pedagoga e organista en Constanza. Como solista ofrece concertos de clave e órgano, e colabora habitualmente con formacións como o Ensemble Supersonus, Oni Wytars ou o Quatuor Ardeo.

Eva-María preséntase, desta volta, na compaña de dous recoñecidos intérpretes que se moven entre o ámbito da música antiga e as outras músicas, Marco Ambrosini e Tobie Miller, cos que interpretará un programa de músicas compostas para a liturxia e sonatas da chiesa adaptadas para unha inusual combinación de órgano de tubos, zanfona e nyckelharpa.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357