Exvotos vacantes
En palabras de Antonio Murado: "O que pinto últimamente centrase no protagonismo da figura e cómo ésta ocupa o espazo no cadro. Tomo como punto de partida a tradición dos iconos ortodoxos en Bizancio e a pintura mural do protorenacemento no que xa deixou de ser o Imperio Romano de Occidente.
A imaxe bizantina era abstracta e a nova empezaba a representar a natureza tal e como era percibida sensorialmente polo artista. Este segundo planteamento definiría o que hoxe entendemos por artista pintor mentres que o primeiro se estancaría nun calexón sen saída que continúa hoxe en día e éconsiderado como unha anécdota artesanal."