evento | Población
30.08.2023-30.08.2023 20:00:00

A Faia de Ponto

Imagen de 80796

A FAIA DE PONTO. Le Roi de La Galice
No bosque artúrico de Brocelianda, en Paimpont (Bretaña), aínda hoxe podemos contemplar a faia de Ponto. Conta unha lenda que foi Ponto, le Roi de la Galice, quen plantou esa faia, outra asegura que a árbore é o propio Ponto, convertido nela tras a súa morte. Partindo do roman medieval francés de finais do XIV Ponthus et la belle Sidonie, Alba Cid e Estevo Creus en diálogo co músico improvisador Pablo Castaño emprenden unha orixinal relectura poético-musical que, deconstruíndo e ramificando o relato mítico, fai tremer as visións tradicionais do heroe e trae ás areas do presente o fondo cultural do mundo artúrico, lembrándonos a vitalidade do Reino da Galiza como referente na Europa medieval.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357