evento | Población
09.11.2023-25.11.2023

Festival Cineuropa 2023

Imagen de 81062

 Do 9 ao 25 de novembro, o certame leva ás salas de Compostela 115 filmes e numerosas actividades paralelas, con concertos e proxeccións especiais, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Os premios Cineuropa distinguen en 2023 as traxectorias do actor Luis Zahera, do director portugués João Canijo e da actriz Ana Torrent. O Cineuropa 37 conmemora tamén o centenario do nacemento de Jorge Semprún, coa presenza do cineasta Costa-Gavras, e move á reflexión sobre a historia da democracia na Arxentina e sobre a ditadura pinochetista en Chile.

O Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX, Multicines Compostela, o CGAC e a Zona C abeirarán as proxeccións e actividades desta edición. As entradas e bonos estarán á venda a partir do martes 7 no despacho de billetes da Zona C e na web compostelacultura.gal.

Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Na súa 37ª edición conta tamén co apoio da Xunta de Galicia, o Consulado da República Arxentina en Vigo ou o Instituto Camões, e co patrocinio de empresa como Yáñez, Paco e Lola, Unicla, Martín Codax e Cafés Candelas.

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357