evento
|
Población
23.06.2023-23.06.2023
17:00:00
Festival de San Xoán 2023
Coincidindo coas Festas de San Xoán, que enchen a cidade de vistosos e máxicos lumeiros, Santiago acolle unha nova edición do festival que acolle na súa programación diversidade de actividades e obradoiros para a posta en valor dos ritos e tradicións galegas desta época do ano, marcada polo solsticio de verán.
PROGRAMACIÓN FESTIVAL DE SAN XOAN
PRAZA MAZARELOS
- 16.30-18.30h PASEOS BOTÁNICOS: RUTA HERBAS DE SAN XOAN. Precisa inscrición nesta ligazón.
- 17.00-18.00h Pandeireta. Precisa inscrición nesta ligazón.
- 17.00-19.00h Música de rúa: ARGALLEIROS
- 18.00-19.00h Baile tradicional. Precisa inscrición nesta ligazón.
- 19.00-20.00h Maxia para soñar na noite de San Xoán
- 19.30-21.00h Herbas de San Xoán (cada 30 min). Precisa inscrición nesta ligazón.
- 20.00h Concerto: FAÍSCAS DA PONTRAGA
- 21.30h Conxuro + degustación Queimada
- 22.00h Concerto: TIRULEQUE
- ESPAZO PALLEIRO para peques
- AUGA MÁXICA DE SAN XOÁN