Festival MARÉ - Músicas e Artes Atlánticas 2023
O festival MARÉ volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro para converterse en referencia intercultural e de diálogo entre músicas e outras artes das dúas beiras do Atlántico, apostando de xeito decidido pola diversidade, achegamento e intercambio cultural entre territorios e sociedades que comparten lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais.
MARÉ é un proxecto artístico que avogando pola inclusión social, o feminismo ou a sostibilidade ambiental, quere festexar que vivimos nun mundo cheo de talento compartido.
MÉRCORES 20
- 20:30h – Amancio Prada & Real Filharmonía de Galicia.
XOVES 21
- 20:00h – Maro + convidados no Teatro Principal.
- 21:30h – Bia Ferreira + O Rabelo na Sala Capitol.
VENRES 22
- 19:30h – Pol Batlle con Rita Payés no Teatro Principal.
- 21:00h – Don Letts dj set + Soom T & The Stone Monks na Sala Capitol.
SÁBADO 23
- 20:00h – Fetén Fetén + convidados no Teatro Principal.
DOMINGO 24
- 18:00h – Nidia Gongora + Fado Bicha no Teatro Principal.
- 20:00h – Alexander Abreu & Havana D’Primero na Sala Capitol.