Festival Rosalía 2024

Grande atrevemento é sen dúbida que, na súa sexta edición, o Festival Rosalía se encha de sol, harmonía e naturalidade, para celebrar novas e diversas creatividades en lingua galega.
Durante dúas xornadas daranse a coñecer belezas de primeira orde: poesía, teatro, música e artesanía de inspiración fecunda, que dan nova dimensión á nosa lingua e á propia Rosalía.
A Deputación da Coruña, por medio da Área de Lingua, en colaboración co Concello de Santiago, queren tamén nesta nova edición festexar o 187 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, cuxa imaxe continúa a enriquecerse á medida que medra a nosa cultura.