evento | Población
28.10.2023-28.10.2023 20:30:00

Final Concurso Fran Pérez "Narf"

Imagen de 81049

A final do Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña terá lugar o sábado 28 de outubro no Salón Teatro ás 20.30 horas. Nel participarán as tres bandas finalistas: Lucía Aldao, Satélite Salitre e MÅI, ademais de Fillas de Cassandra, o grupo convidado, nun acto que estará conducido polo xornalista Luís Pardo e participará tamén Espiño, que interpretará un tema dedicado a Narf.

As bandas finalistas 

LUCÍA ALDAO: Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica, son o fío condutor do segundo EP que publica unha cantautora da que o xurado destacou “a súa personalidade artística desbordante na que conflúe un universo propio musical cheo de intencións”.

SATÉLITE SALITRE: Banda liderada polo compostelán Pilo Sierra, , en colaboración co cuarteto de cordas Suelen Estar Quartet, o baterista LAR Legido e Pablo Sanmamed. Deles o xurado destacou que é “unha proposta orixinal de sonoridades marcada por unha canción de autor de vangarda”.

MÅI: A alianza de Iseo Agilda con Tomás AgeitosX deu como resultado o disco ‘Nigredo’, que eles mesmos definen como “pop boreal” pola conexión que ten co pop nórdico, combinado coa tímbrica e a rítmica da música tradicional galega. Deste proxecto o xurado salientou a “electrónica acústica boreal de gran profundidade paisaxística”-

https://www.premionarf.gal/o-concurso/finalistas-2023/

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357